Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.840

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/218-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sestelo e Cía, S.A.

Domicilio social: r/ Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T. e C.T. na rúa Trovador Xoán García, en Guillade.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 150 m de lonxitude, con conductor de 95 mm Al, desde o transformador situado na rúa Pedra da Auga ata o C.T. que se proxecta na rúa Trovador Xoán García, en Guillade, concello de Ponteareas. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-220/380 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 18 de setembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra