Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.838

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (517/1999).

Eu, Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño:

Que no xuízo de faltas nº 517/1999 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

En Santiago de Compostela o oito de maio de dous mil.

Jorge Cid Carballo, maxistrado-xuíz de instrucción, vista e oída no xuízo oral e público a presente causa, xuízo de faltas 517/1999, seguida por unha falta de estafa contra José Aceituno Ortega, sendo parte nesta o Ministerio Fiscal e denunciante Manuel Vázquez Asorey.

Resolvo: debo absolver como absolvo a José Aceituno Ortega da falta de estafa de que viña acusado, con declaración de custas de oficio.

A presente resolución non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así por esta a miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a José Aceituno Ortega, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela, vinte de setembro de dous mil.

A secretaria

Rubricado