Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Xoves, 02 de novembro de 2000 Páx. 14.822

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado 192/2000, interposto por Gerardo Álvarez Reza e Pastora Vázquez Vázquez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número tres da Coruña providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo procedemento abreviado nº 192/2000, interposto por Gerardo Álvarez Reza e Pastora Vázquez Vázquez contra a Resolución do 30 de maio de 2000, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se desestima o recurso de reposición interposto por Pastora Vázquez Vázquez contra a Resolución do 30 de maio de 2000, pola que se concede novo prazo para formular reclamacións relativas ás puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso 5/1999.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, se emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública