Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 31 de outubro de 2000 Páx. 14.804

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CABANAS-A CAPELA, SOC. COOP. LTDA.

ANUNCIO.

Eladio Carballo Feal, en calidade de secretario da entidade Cabanas-A Capela, S. Coop. Ltda., con domicilio social en Sardiñas-Soaserra, 15621 Cabanas (A Coruña) e con NIF F-15.150.089, mediante o presente escrito, certifica que segundo consta no libro de actas da sociedade cooperativa, en data do 30 de setembro de 2000, se celebrou no domicilio social unha asemblea xeral universal extraordinaria coa asistencia persoal de tódolos socios cooperativistas que representan a totalidade do capital social e acordaron darlle o carácter de asemblea xeral universal extraordinaria coa seguinte orde do día:

Primeiro.-Disolución e liquidación de Cabanas-A Capela, S. Coop. Ltda. Balance final de disolución e posterior liquidación.

Segundo.-Designación e nomeamento de socios liquidadores.

Terceiro.-Facultades de protocolización dos acordos e inscrición no Rexistro de Sociedades Cooperativas.

Cuarta.-Aprobación e asinamento da acta.

1. Acordouse por unanimidade de tódolos socios cooperativistas a tramitación do expediente de disolución e liquidación da cooperativa, por paralización da actividade cooperativa sen posibilidade de continuación.

Así mesmo, aprobouse por unanimidade de tódolos socios cooperativistas o balance final de disolución

e posterior liquidación que se transcribe a continuación:

Activo:

Tesourería: 1.203.317

Total activo: 1.203.317

Pasivo:

Capital social: 300.000

Reservas: 903.317

Total pasivo: 1.203.317

2. Acordouse designa-lo nomeamento de tres socios cooperativistas como liquidadores, conforme establece o artigo 64 do Estatuto social, unha vez a anotación da disolución, nas persoas de:

Xesús Piñeiro Rodríguez.

Eladio Carballo Feal.

Juan Vilar Fontao.

Aceptando todos eles neste acto o nomeamento.

3. Facúltase o presidente e o secretario da cooperativa para elevar a público cantos documentos sexan necesarios, así como as xestións e tramitacións precisas para a inscrición no Rexistro Xeral de Cooperativas.

4. A acta foi aprobada e asinada por unanimidade de tódolos socios cooperativistas.

En Cabanas, quince de outubro de dous mil.

Xesús Piñeiro Rodríguez

Presidente

Eladio Carballo Feal

Secretario