Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 31 de outubro de 2000 Páx. 14.802

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 39/1988 e 106.3º da Lei 7/1985, e en cumprimento do acordado pola Corporación Provincial, na sesión do día da data, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polos concellos que se relacionan, para a xestión, liquidación, inspección e recadación dos impostos que se mencionan, nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 19 de setembro de 1994:

ConcellosImpostos

San AmaroTaxa de recollida de lixo

Xunqueira de EspadanedoImposto de actividades

económicas

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 29 de setembro de 2000.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense