Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 31 de outubro de 2000 Páx. 14.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno, en sesión do 19 de xullo de 2000, foi aprobada a adxudicación mediante concurso para a execución da obra civil,

instalación e montaxe (con excepción da subministración dos proxectores) da iluminación ornamental dos parámetros exteriores da muralla romana de Lugo, polo presente anuncio anúnciase a licitación consonte ás seguintes características:

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contatación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: a execución da obras civil, instalación e montaxe (con excepción da subministración dos proxectores) da iluminación ornamental dos parámetros exteriores da muralla romana de Lugo.

b) Prazo de execución: 6 (seis) meses. Non obstante, o prazo será o ofrecido na proposición do adxudicatario.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: o importe total do contrato é de 59.156.059 pesetas, non obstante o prezo do contrato será o ofrecido polo adxudicataio na súa oferta.

5. Garantías.

Provisional: 1.183.121 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86. 982 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría E; grupo A, subgrupo 1, categoría C; grupo C, subgrupo 4, categoría B.

b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula oitava do prego de concidións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: praza Maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día hábil (agás sábado) posterior ó remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: correrán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 26 de setembro de 2000.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Tenente alcalde delegado de Área