Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 31 de outubro de 2000 Páx. 14.797

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Bueu.

2. Obxecto do contrato: execución da obra FCL/2000 saneamento de Pousada-O Igrexario, Cela, Bueu. Prazo: 4 meses.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 10.780.126 pesetas, IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantías: provisoria: non se esixe. Definitiva: 431.205 pesetas.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Bueu. Eduardo Vicenti, 10. 36930 Bueu. Pontevedra. Teléfono: 986 39 00 29, telefax: 986 32 20 99.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Bueu, durante os 13 días naturais desde o seguinte ó de publicación do presente anuncio no último dos boletíns no que apareza (DOG ou BOP). Das 8 ás 14 de luns a venres, de 9.30 ás 13 h os sábados, no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 11 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constará de 2 sobre pechadas, A e B denominados de documentación xeral, e documentación específica para o concurso, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala nas cláusulas 11 dos pregos de condicións particulares.

9. Apertura das ofertas: ás 13 h do 3º día hábil seguinte ó de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

Bueu, 20 de outubro de 2000.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde