Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 31 de outubro de 2000 Páx. 14.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de La Farrapa I para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 065-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de La Farrapa I coas seguintes características:

Peticionario: Gamesa Energía, S.A., avda. do Cruceiro, 201-A, 15705 Santiago de Compostela.

Situación: concello de Abadín, Mondoñedo, Riotorto e A Pastoriza (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

PS1632.0004.806.000

PS2635.0004.806.000

PS3639.0004.802.500

PS4638.0004.801.000

PS5636.0004.802.000

PS6635.0004.801.000

PS7633.0004.802.500

PS8628.0004.802.500

PS9628.0004.804.000

Superficie afectada: 3.275 ha.

Potencia bruta: 49,3 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 19 de outubro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo