Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 31 de outubro de 2000 Páx. 14.781

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 20 de outubro de 2000 pola que se modifica a do 30 de maio pola que se anuncian subvencións a empresas privadas para a creación de hoteis.

Para os efectos de posibilitar unha axeitada execución dos investimentos subvencionados ó abeiro da orde da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo do 30 de maio de 2000 (DOG nº 115 do 14 de xuño) pola que se anuncian subvencións a empresas privadas para a creación de hoteis é polo que,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifica-lo prazo de presentación de xustificación do investimento executado para 2000 e, deste xeito, a fase do dito ano terase que xustificar polos beneficiarios de subvencións, como data límite, o 15 de novembro de 2000.

Disposición derradeira

A presente orde entra en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo