Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Martes, 31 de outubro de 2000 Páx. 14.780

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 10 de outubro de 2000 pola que se clasifican postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional do Concello de Monforte de Lemos.

Advertido erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 203 do 19 de outubro de 2000, cómpre face-la seguinte rectificación:

Na páxina 14.247, no primeiro parágrafo, onde di: «...propoñendo a súa clasificación en clase primeira, categoría de entrada»; debe dicir: «...propoñendo a súa clasificación en clase segunda (2ª), categoría de entrada».

Na parte dispositiva, onde di: «...clasifícase en clase primeira (1ª)...», debe dicir: «...clasificación en clase segunda (2ª)...».