Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.760

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COMPAÑÍA DE RADIO-TELEVISIÓN DE GALICIA

ANUNCIO.

A Compañía de Radio-Televisión de Galicia fai solicitude pública de ofertas para o seguinte expediente de concurso:

Nº de expediente: 00403 C.

Obxecto da contratación: subministración de novos conmutadores e integración coa instalación da rede local da CRTVG.

Prazo de presentaicón de ofertas: o prazo para a presentaicón das proposicións será de trece (13) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. As proposicións presentaranse no rexistro xeral da CRTVG das 8 ás 14 horas.

Pregos de condicións: poderán ser examinados e recollidos polos interesados en días e horas de oficina (das 8 ás 14 horas), no servico común de compras da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, sita no centro emisor de San Marcos, Santiago de Compostela.

(Os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario).

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2000.

Manuel Vázquez Vieites

Director xerente económico-administrativo