Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2000 pola que se anuncia concurso para a contratación de diversas obras do POL 2000.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, das seguintes obras:

1. PO-1008 O Hío-Vilanova-PO-1004 Vilariño (Cangas): 30.000.000 de pesetas.

2. PO-1202 Seixo-San Tomé de Piñeiro (Marín): 26.500.000 pesetas.

3. PO-9601 Vilagarcía-Cea-Castro de Agudín (Vilagarcía de Arousa): 25.000.000 de pesetas.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Clasificación empresarial: obra nº 1: grupo A, subgrupo 2, categoría d, e grupo G, subgrupo 4, categoría d; obra nº 2: grupo B, subgrupo 3, categoría d, grupo G, subgrupo 4, categoría d; e, obra nº 3: grupo G, subgrupo 2, categoría c.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 10.30 horas do día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 19 de outubro de 2000.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado