Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.753

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e trámite ordinario, para a contratación da subministración sucesiva de marcapasos (C.P. 11/2000).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais na Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), convoca o seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora: Complexo Hospitalario de Ourense; Dirección de Recursos Económicos, Servicio de Compras, rúa Ramón Puga, 52. E-32005 Ourense. Tfno. 988 38 57 02. Fax 988 38 58 49.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Complexo Hospitalario de Ourense.

b) Obxecto do contrato: adquisición de marcapasos e electrodos para marcapasos.

Orzamento total: 169.035.000 pesetas//1.015.920,81 euros, IVE incluído.

c) Lotes: 17. Posibilidade de licitar a un, a varios ou á totalidade dos lotes.

4. Prazo de execución: ver prego de condicións.

5. a) Solicitude da documentación: ver punto 1 deste anuncio.

Para consultar prego: http://www.sergas.es.

b) Data límite para efectua-la solicitude: 23 de novembro de 2000.

6. a) Data límite de recepción das propostas: 30 de novembro de 2000.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: registro xeral do Hospital Cristal-Piñor, rúa Ramón Puga, 52. Edificio de administración-planta baixa. 32005 Ourense.

c) Lingua(s): galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da devandita apertura: 11 de decembro de 2000, 9 horas. Sala de xuntas da Dirección de Recursos Económicos do Complexo Hospitalario de Ourense.

8. Garantías esixidas: provisional: o importe indicado no punto 11 do prego de cláusulas administrativas particulares do/s lote/s ó/s que se concorra. Definitiva: 4% do orzamento base de licitación do/s lote/s adxudicado/s.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento: ver prego de cláusulas administrativas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicatarias da contratación: ver prego de cláusulas administrativas.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

13. Criterios de adxudicación: 1. Tecnoloxía: ata 2 puntos. 2. Mantemento: ata 4 puntos. 3. Prezo: ata 4 puntos.

Criterio de oferta desproporcionada ou temeraria: o prezo cunha porcentaxe que exceda en 30 unidades a media aritmética das porcentaxes de baixa de tódolos prezos ofertados.

14. Variantes: admítense, sen límite de número.

15. Información complementaria: o pagamento dos anuncios do concurso será por conta do/s adxudicatario/s.

16. Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa: non se publicou.

17. Data do envío do anuncio: 9 de outubro de 2000.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: (reservado á OPOCE).

Ourense, 28 de setembro de 2000.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense