Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.752

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 26 de setembro de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica proposta do expediente administrativo de desafiuzamento por ocupación sen título legal, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992 (expediente 2/2000).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último domicilio coñecido sinalado no anexo, a proposta de resolución de desafiuzamento acordada pola instructora dos expedientes do IGVS da Coruña por ocupación sen título legal para iso, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación perante este Servicio Provincial do IGVS da Coruña alegando por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo elevaranse as actuacións ó órgano competente para a súa resolución.

Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do proce-

demento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 26 de setembro de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 2/2000 (ocupación s/ título).

Expedientado: José Fernández Vigo e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Armada Española, bloque 29, P-3, 8º B (Ferrol).

(Expediente C-109-CD/67, conta 51).