Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2000 pola que se lle concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Galaicontrol, S.L., e para o laboratorio con domicilio na rúa Alcalde de Lavadores, número 122, 36214 Vigo (Pontevedra).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro), polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación, conforme establecen os artigos 12.h e 18.3º.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Concederlle a acreditación, e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorio de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción, a Galaicontrol, S.L., e para o laboratorio con domicilio na rúa Alcalde de Lavadores, 122, 36214 Vigo (Pontevedra), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

-ST, área de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos, co número 15065ST00.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2000.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo