Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 26 de setembro de 2000, da Delegación Comarcal de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de expedientes sancionadores.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a seguir se citan, a proposta dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de oito días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación territorial as alegacións que coiden pertinentes.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Comarcal de Pontevedra, Andrés Mellado, 15, 1º.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000222-5.

Denunciada: Asunción Fernández Rial.

DNI: 35.315.886.

Enderezo: Campo da Torre nº 3, 3º B, Pontevedra.

Pontevedra, 26 de setembro de 2000.

Carlos Costa Fraga

Delegado comarcal de Pontevedra