Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.741

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación da subministración de uniformes para o persoal laboral dos centros dependentes desta delegación provincial.

En cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que

se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, fanse públicas as seguintes adxudicacións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Nº expediente: 17/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo do contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de uniformidade.

c) Lotes: 8 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia nº 137, do 14 de xullo de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 11.721.900 pesetas (once millóns setecentas vinteunha mil novecentas pesetas) (70.450,04 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 31 de agosto de 2000.

b) Contratistas: varios.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 8 lotes.

-Partida 1 pezas de roupa diversas (confección a medida): Equipamientos Cruceiro, Soc. Coop. Ltda., por un importe máximo de 2.464.490 pesetas (dous millóns catrocentas sesenta e catro mil catrocentas noventa pesetas) (14.811,88 euros).

-Partida 2 (pixamas e batas para persoal): El Corte Inglés, S.A. por un importe máximo de 3.156.240 pesetas (tres millóns cento cincuenta e seis mil duascentas corenta pesetas) (18.969,38 euros).

-Partida 3 (roupa de punto): Equipamientos Cruceiro, Soc. Coop. Ltda. por un importe máximo de 168.000 pesetas (cento sesenta e oito mil pesetas) (1.009,70 euros).

-Partida 4 (roupa de cociña): Equipamientos Cruceiro, Soc. Coop. Ltda. por un importe máximo de 584.950 pesetas (cincocentas oitenta e catro mil novecentas cincuenta pesetas) (3.515,62 euros).

-Partida 5 (roupa deportiva): Deportes Jalda, S.L. por un importe máximo de 935.000 pesetas (novecentas trinta e cinco mil pesetas) (5.619,46 euros).

-Partida 6 (calzado: zapatos de pel e botas de goma): El Corte Inglés, S.A. por un importe máximo de 665.300 pesetas (seiscentas sesenta e cinco mil trescentas pesetas) (3.998,53 euros).

-Partida 7 (calzado: zapatillas deportivas): Deportes Jalda, S.L. por un importe máximo de 485.000 pesetas (catrocentas oitenta e cinco mil pesetas) (2.914,91 euros).

-Partida 8 (calzado: zocos): División Anatómicos, S.L. por un importe máximo de 2.122.950 pesetas (dous millóns cento vintedúas mil novecentas cincuenta pesetas) (12.759,19 euros).

O que se fai público para coñecemento xeral.

Vigo, 31 de agosto de 2000.

P.A.

Isabel Cerqueira Ozores

Secretaria provincial da Delegación Provincial

de Pontevedra