Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/85-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. avda. Santiago (antigo almacén o 21).

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña a 20 kV subterránea de 750 m, en conductor tipo R.H.V. 12/20 coa orixe e remate no rexistro situado na encrucillada da r/ Santiago coa r/ Río Xares, alimentando o C.T. interior proxectado no bloque de vivendas nº 4 da urbanización SU-38, zona 4 do PXOU-Ourense. Rede de B.T. subterránea derivada do C.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 22 de setembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense