Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/213-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: reforma C.T. Varela Mato.

Situación: Santiago de Compostela.

Descricións técnicas: reforma do centro de transformación Varela Mato na r/ da Rosa, instalando transformador de 630 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, 2 celas de liña CML-SF6 e 1 cela de protección CMP-SF6 e saída subterránea en conductor R.V. 0,6/1 kV 1x240 Al de 15 m de lonxitude. Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 19 de setembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña