Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Luns, 30 de outubro de 2000 Páx. 14.728

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2000 pola que se fai pública a designación da comisión que debe resolve-lo concurso para a provisión da praza 00/003 de catedrático de universidade convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.D. 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que deben resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade nº 00/003 convocado por Resolución do 8 de febreiro de 2000 (BOE do 4 de marzo), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contado desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

A Coruña, 9 de outubro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: teoría da literatura.

Praza nº: 00/003.

Comisión titular:

Presidente: Bobes Naves, Carmen, catedrático de universidade. Universidade de Oviedo.

Secretario: Villanueva Prieto, Darío, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Abad Nebot, Francisco de Asís, catedrático de universidade. Universidade Nacional de Educación a distancia-UNED.

Llovet Pomar, Jorge, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Pozuelo Yvancos, José María, catedrático de universidade. Universidade de Murcia.

Comisión suplente:

Presidente: Domínguez Caparrós, José, catedrático de universidade. Universidade Nacional de Educación a distancia-UNED.

Secretario: Talens Carmona, Jenaro, catedrático de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

Vocais:

Hernández Guerrero, José, catedrático de universidade. Universidade de Cádiz.

Sánchez Trigueros, Antonio Emilio, catedrático de universidade. Universidade de Granada.

Paraíso Almanza, María Isabel, catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.