Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 31 de agosto de 2000, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura e da rúa Río Xubia entre Retorta e rùa de nova apertura e é ó teor do acordo o seguinte:

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o 27 de abril de 2000 aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura e da rúa Río Xubia entre Retorta e rúa de nova apertura, presentado por Construcciones Pinfor, S.C. e Promociones y Construcciones A. Fdez. Sande, S.L., que foi publicado no DOG número 119 do 20 de xuño de 2000 e no diario La Voz de Galicia do 25 de maio de 2000 e exposto no taboleiro de edictos do concello desde o 22 de maio ata o 10 de agosto do presente ano. Durante o período de exposición pública non se presentaron alegacións segundo consta no certificado do rexistro xeral.Visto o escrito presentado polos técnicos redactores do citado proxecto no que cumpren as condicións contidas no informe do enxeñeiro municipal e do arquitecto municipal da Xerencia de Urbanismo achegando plano que dá cumprimento á normativa de accesibilidade, a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras en sesión do 10 de agosto de 2000, en votación ordinaria e por

unanimidade, estimou oportuno propoñerlle ó Pleno da Corporación a adop

ción dos seguintes acordos. Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura e da rúa Río Xubia entre Retorta e rúa de nova apertura. Segundo.-Publica-lo presente acordo en cumprimento do preceptuado no art. 141.4º do regulamento de planeamento.

O que se fai público e pódese interpoñer contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou a presente resolución dentro do prazo dun mes contado a partir da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos arts. 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola lei; sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no art. 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 15 de setembro de 2000.

O alcalde

Rubricado