Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (18/2000).

A alcaldía-presidencia con data do 20 de setembro de 2000 dictou a seguinte resolución:

Primeiro.-Incoar expediente para a aprobación de bases e estatutos da Xunta de Compensación para constituír para a execución do polígono único do Plan parcial do sector S-7, recinto feiral do Plan xeral de ordenación municipal vixente.

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos presentado por Antonio Fontenla Ramil en nome e representación da comisión xestora constituída para estes efectos.

Terceiro.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, así como a publicación nos diarios oficiais do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora, e no seu nome a Antonio Fontenla Ramil como presidente desta, para a súa presentación e delixenciamento ante o órgano correspondente.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 133.4º en relación co 102, ambos da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (BOE número 103, do 30 de abril), advertindo os interesados de que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na avda. da Marina nº 18, entre as 12 e as 14 horas, de luns a venres durante o prazo de 20 días a partir da publicación ou notificación do acordo que se traslada, onde poderán consultalo e presentar cantas alegacións teña por conveniente na defensa dos seus dereitos.

A Coruña, 20 de setembro de 2000.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo