Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: reforma C.T. Inmobiliaria Belvís.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: reforma do centro de transformación Inmobiliaria Belvís, na r/ República del Salvador nº 22, instalando dous transformadores de 400 kVA/u e tensións de 20/0,380-0,220 kV, 2 celas de liña CML-SF6 e 2 celas de protección CMP-SF6 e saída subterránea de conductor R.V. 0,6/1 kV 1x240 Al de 18 m de lonxitude. Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 19 de setembro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña