Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se dá publicidade do resultado da adxudicación que se cita.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano. 15704 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Número de expediente: 0001CELA.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

b) Descrición do obxecto: execución das obras do proxecto de urbanización de dúas prazas en Vilanova dos Infantes, Ourense (praza do Balcón e praza do Recreo).

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 147, do 31 de xullo de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: corenta e dous millóns seiscentas dezasete mil trescentas setenta e nove pesetas (42.617.379 pesetas), (256.135,61 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 21 de setembro de 2000.

b) Contratista: Indeza, S.L.

c) Nacionalidade: española.

Importe da adxudicación: trinta e oito millóns catrocentas trinta e dúas mil trescentas cincuenta e dúas pesetas (38.432.352 pesetas), (230.983 euros).

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2000.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas y Vivenda