Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.677

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2000 pola que se fai pública a designación das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas 00/010 e 00/011 de corpos docentes universitarios convocados por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e realizados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión das prazas de profesorado desta universidade números 00/010 e 00/011 convocados por Resolución do 24 de marzo de 2000 (BOE do 18 de abril), comisións que se relacionan como anexo a esta resolución.

As citadas comisións deberán constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 26 de setembro de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: filoloxía inglesa.

Praza nº: 00/010.

Comisión titular:

Presidente: Toro Santos, Antonio Raúl de, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Castelo Montero, Miguel, catedrático de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Concha Muñoz, Ángeles de la, catedrática de universidade. Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

Vázquez Marruecos, José Luis, catedrático de escola universitaria. Universidade de Granada.

Edwards Rokowski, Patricia, catedrática de escola universitaria. Universidade de Estremadura.

Comisión suplente:

Presidente: Álvarez Amorós, José Antonio, catedrático de universidade. Universidade de Alacante.

Secretario: Woodward Smith, Elizabeth Anne, catedrática de escola universitaria, Universidade da Coruña.

Vocais:

Bravo Gozalo, José María, catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Gómez Moreno, Juan, catedrático de escola universitaria. Universidade de Sevilla.

White Hayes, Michael C., catedrático de escola universitaria. Universidade Complutense de Madrid.

Praza de: catedrático de escola universitaria.

Área de coñecemento: filoloxía inglesa.

Praza nº: 00/011.

Comisión titular:

Presidente: Toro Santos, Antonio Raúl de, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Castelo Montero, Miguel, catedrático de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Conejero Tomás, Manuel Ángel, catedrático de universidade. Universidade de Valencia (Estudi General).

Villoria Andreu, Secundino, catedrático de escola universitaria. Universidade de León.

Floren Serrano, María Celia, catedrática de escola universitaria. Universidade de Zaragoza.

Comisión suplente:

Presidente: Álvarez Amorós, José Antonio, catedrático universidade. Universidade de Alacante.

Secretario: Woodward Smith, Elizabeth Anne, catedrática de escola universitaria. Universidade da Coruña.

Vocais:

Concha Muñoz, Ángeles de la, catedrática de universidade, Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED).

Henríquez Jiménez, Santiago José, catedrático de escola universitaria. Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Alas García, César Luis, catedrático de escola universitaria. Universidade de Oviedo.