Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 27 de outubro de 2000 Páx. 14.647

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 29 de setembro de 2000 pola que se lle autoriza ó centro privado Sagrado Corazón de Lalín (Pontevedra) a imparti-las ensinanzas correspondentes ós niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos.

Visto o expediente sobre autorización para imparti-las ensinanzas correspondentes ós niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos, en quenda de tarde-noite, no centro privado Sagrado Corazón de Lalín (Pontevedra); iniciado ó abeiro do artigo 5 do Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e do punto primeiro.1 da Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) pola que se desenvolve o antedito decreto.

Considerando que o dito centro conta con autorización definitiva, por Orde do 12 de xaneiro de 2000 (DOG do 8 de febreiro), para imparti-la educación secundaria obrigatoria.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en virtude do establecido no artigo 14 do Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Concederlle a autorización para imparti-las ensinanzas correspondentes ós niveis I, II e III, modalidade presencial, da educación básica de adultos, en quenda de tarde-noite, ó centro privado Sagrado Corazón de Lalín (Pontevedra), cos datos que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Lalín.

Localidade: Lalín.

Enderezo: Areal, 19.

Denominación: Sagrado Corazón.

Código do centro: 36004113.

Titular: Fidel Fernández Presas.

Composición resultante:

a) Educación infantil: 4 unidades.

b) Educación primaria: 12 unidades.

c) Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

d) Educación especial: 1 unidade de psíquicos.

e) Educación básica de adultos (quenda de tarde-noite):

Nivel I: 1 unidade.

Nivel II: 1 unidade.

Nivel III: 2 unidades.