Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 26 de outubro de 2000 Páx. 14.631

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

ANUNCIO da convocatoria pública e bases do posto vacante que se cita.

Un técnico especialista en mobiliario. Ref.: 00/13.

Titulado grao superior e valorarase a formación posgrao.

Imprescindible coñecementos de Autocad, Corel Draw e Microstation, dominio do galego e coñecementos de inglés, alomenos a nivel de traducción técnica.

Experiencia mínima dun ano como consultor en empresas de consultoría sanitaria, na adquisición de mobiliario clínico e/ou de oficina para hospitais, nas cales realizara pregos e informes técnicos.

Valorarase a experiencia na adquisición de equipamento electromédico.

Procedemento de selección: baremo do currículum (55%), probas psicotécnicas (25%) e entrevista persoal (20%).

Presentación de solicitudes:

Os interesados que cumpran os requisitos esixidos deberán remiti-lo seu currículum, indicando a referencia que se indica, no prazo improrrogable de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a: Instituto Galego de Medicina Técnica, praza de Europa, 5 A, 6º B (15703 Santiago de Compostela).

Deberá presentarse copia compulsada dos certificados de servicios prestados, dos diplomas acreditativos de cursos e do título mínimo esixido para a convocatoria.

Inicio das probas:

As probas non se realizarán antes dun mes desde que se publique convocatoria, de acordo co disposto no artigo 4 da Lei 10/1996.

Íñigo Álvarez Canoa

Director xerente do Instituto Galego de Medicina Técnica