Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 26 de outubro de 2000 Páx. 14.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 19 de outubro de 2000 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso, da contratación da subministración de amoblamento da biblioteca pública municipal de Caranza en Ferrol e a axencia de lectura municipal de San Sadurniño (A Coruña).

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites adminis

trativos correspondentes, resolveu anuncia-la licitación, mediante procedemento aberto por concurso, do seguinte contrato de subministración:

Amoblamento da biblioteca pública municipal de Caranza en Ferrol e a axencia de lectura municipal de San Sadurniño (A Coruña).

Orzamento de licitación: dous millóns duascentas cincuenta e seis mil oitocentas cincuenta e unha pesetas (2.256.851 pesetas) IVE incluído.

Prazo de execución: dez (10) días.

Garantía provisional: dispensada.

Clasificación do contratista: non se esixe.

-Exposición da documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e o proxecto estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono 981 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo quinto día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se tramitan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2000.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo