Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 26 de outubro de 2000 Páx. 14.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da ampliación da subestación de Mourela, na provincia da Coruña. (Expediente 30247).

Examinado o expediente instruído por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo para efectos de notificación en Avda. de Arteixo, 15008 A Coruña, resultan os seguintes.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O día 16 de outubro 1998 a empresa Unión Fenosa, S.A. solicita a autorización administrativa da ampliación posición de liña 132 kV Muras na subestación Mourela e a aprobación do seu proxecto de execución.

Xúntase á dita solicitude o preceptivo proxecto a que fan referencia os artigos 8 e 10 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación a este expediente segundo o disposto na disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 28 de novembro, do sector eléctrico.

As características técnicas básicas da ampliación da instalación son as seguintes: unha nova posición de liña a 132 kV equipada con seccionador tripolar, interruptor e trafos de intensidade e tensión

Segundo.-O citado anteproxecto someteuse a información pública, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 17-11-1998, e publicóuse no DOG do 30-12-1998 e no BOP da Coruña do 19-12-1998.

Durante o período legalmente establecido non se recibiron alegacións.

Terceiro.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999 do 21 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que lle atribúen os artigos 11 e 14 do Decreto 2617/1966.

RESOLVE:

1. Autoriza-la ampliación posición da liña 132 kV Muras na subestación Mourela.

2. Aproba-lo proxecto de execución da citada subestación.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria