Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Xoves, 26 de outubro de 2000 Páx. 14.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2000, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble sito en Cangas (Pontevedra), para dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, e 55 de seu regulamento, e á vista

das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das necesidades do servicio que se vai satisfacer, se xustifica, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble sito na rúa Almirante Ozámiz-entresollado 1º (baixo a nivel do paseo marítimo) de Cangas (Pontevedra), para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2000.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda