Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.548

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, da adquisición de dúas fotocopiadoras para os distintos servicios desta consellería.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, da adquisición de dúas fotocopiadoras para os distintos servicios desta consellería.

Obxecto: a adquisición de dúas fotocopiadoras para os distintos servicios desta consellería.

Orzamento e tipo: catro millós catrocentas mil pesetas (4.400.000 pesetas), IVE e outros impostos incluídos.

Prazo de entrega: un mes desde o día seguinte ó da sinatura do contrato.

Documentación de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, que rexerán neste concurso, estarán á disposición dos licitadores na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, San Caetano, bloque 5, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación

de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, así mesmo, poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo de Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=65.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase no mesmo día un telegrama ou fax á secretaría xeral, no que se comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: realizarase pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás dez horas (10 horas) do terceiro día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas sempre e cando este día non coincida en sábado ou festivo. Neste caso tal día pasará a se-lo primeiro hábil seguinte.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2000.

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura