Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO polo que se convocan para o levantamento das actas previas á ocupación os titulares dos predios afectados pola construcción das instalacións do proxecto Addenda III ó proxecto de instalacións do ramal Pontevedra-Ourense (ramal ó Carballiño) e a súa revisión número 1.

Na data 6 de xullo de 2000, a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia autorizou as instalacións do proxecto Addenda III ó proxecto de instalacións do ramal Pontevedra-Ourense (ramal ó Carballiño) e a súa revisión nº 1, que discorre polo termo municipal do Carballiño. Declarada a utilidade pública e urxente ocupación de conformidade co disposto nos artigos 103 e 104 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, procede a iniciación do expediente expropiatorio.

Na súa virtude, esta delegación provincial, en cumprimento co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, acordou convoca-los titulares dos bens e dereitos afectados para que comparezan na casa do concello onde radican os predios afectados, como punto de reunión para, con independencia de desprazarse posteriormente ó terreo e de conformidade co procedemento que establece o citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación e, se procedera, o das de ocupación definitiva.

Tódolos interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados pola persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos

da súa titularidade e mailo último recibo da contribución, podéndose acompañar, pola súa conta, dos seus peritos e un notario, se o estiman oportuno.

Para o levantamento das actas, os afectados deberán presentarse o vindeiro día 10 de novembro de 2000 no Concello do Carballiño, ás 12 horas.

Para tal efecto, publicarase no taboleiro de anuncios do concello a relación de afectados.

É de significar que esta publicación se realiza, igualmente, para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, de notificación do presente acordo ós titulares descoñecidos e mais a aqueles con domicilio ignorado dos predios que se describen no anexo da relación que se someteu ó trámite de información pública para o outorgamento da resolución da Dirección Xeral de Industria.

No expediente expropiatorio, Enagas, S.A. asumirá a condición de beneficiaria, coas obrigas e dereitos establecidos nos artigos 2.2º da Lei de expropiación forzosa e 5 do seu regulamento.

Ourense, 28 de setembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

ANEXO I

Convocatoria actas previas á ocupación.

Proxecto: Addenda III ó ramal Pontevedra-Ourense. Ramal ó Carballiño.

Termo municipal: O Carballiño.

Predio nºTitular e domicilioCitación

DíaMesHora

OR-CI-402Descoñecido10Novembro12

OR-CI-411Descoñecido10Novembro12

OR-CI-414Descoñecido10Novembro12

OR-CI-447Descoñecido10Novembro12

OR-CI-459Descoñecido10Novembro12

OR-CI-463Descoñecido10Novembro12

OR-CI-464Descoñecido10Novembro12

OR-CI-466Descoñecido10Novembro12

OR-CI-470Descoñecido10Novembro12

ANEXO II

Convocatoria actas previas á ocupación.

Proxecto: revisión nº 1 ramal ó Carballiño.

Termo municipal: O Carballiño.

Predio nºTitular e domicilioCitación

DíaMesHora

OR-CI-470VDescoñecido10Novembro12

OR-CI-470/4VDescoñecido10Novembro12