Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Mércores, 25 de outubro de 2000 Páx. 14.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a execución das obras de urbanización da praza de Moi no concello de Dozón.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano. 15704- Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Número de expediente: 00-04-PO.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: urbanización da praza de Moi no concello de Dozón.

b) Lugar de execución: Dozón (Pontevedra).

c) Prazo de execución : un (1) mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: nove millóns trescentas trinta e dúas mil trescentas setenta e seis (9.332.376) pesetas (56.088,71 euros).

5. Garantías.

Provisional: esixirase unha fianza provisional (dispensada a quen acredite a clasificación requirida na orde do Ministerio de Economía e Facenda do 11-4-1996) de cento oitenta e seis mil seiscentas corenta e oito (186.648) pesetas (1.121,78 euros), segundo o definido na letra H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Definitiva: esixirase unha fianza definitiva de trescentas setenta e tres mil duascentas noventa e cinco (373.295) pesetas (2.243,55 euros) segundo o definido na letra I do citado cadro.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Obtención de documentación:.

a) Entidade: Copynino.

b) Enderezo: Xeneral Pardiñas, nº 2.

c) Localidade e código postal: 15701-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 58 89 38.

O custo total para adquiri-la copia de toda a documentación ascende a 1.920 pesetas (IVE incluído) (11,54 euros).

6.2. Obtención de información:

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

b) Enderezo: edificio administrativos San Caetano, s/n. 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Teléfono: 981 54 43 82/54 43 71.

d) Telefax: 981 54 43 43/981 54 53 35.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

b) Outros requisitos: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13 ) días contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

2º Enderezo: edificios administrativos San Caetano.

3º Localidade e código postal: 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses desde a apertura de proposicións, de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Enderezo: sala de xuntas. Edificios administrativos San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela ( A Coruña).

d) Data: sexto (6º) día hábil que non coincida en sábado, contado a partir daquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 10.

10. Outras informacións.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos do anuncio.

Os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda