Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Martes, 24 de outubro de 2000 Páx. 14.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e adxudicación por concurso, das obras que se citan.

-Título do proxecto: LU-00/44.2 travesía de Quiroga. 5ª Fase. C-533 da Gudiña a Lalín. LU-623 ramal da C-533 a Révide.

-Orzamento: 72.758.987.

-Clasificación: grupo G, subgrupo 3, categoría d.

O prego de claúsulas administrativas particulares, así como o correspondente proxecto da obra que se relaciona e demais documentos de interese para os licitadores estarán á súa disposición na Delegación

Provincial de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, na Ronda da Muralla, 70-2º (Lugo).

Esixirase a fianza provisional do 2% salvo no disposto no artigo 35, Real decreto 2/2000 texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzmento de adxudicación.

As proposicións deberán dirixirse en sobres pechados ó rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado nin en festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio.

Así mesmo, a apertura de proposicións, que será pública, realizarase na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Lugo, ás once horas do quinto día que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

Os documentos que deben presenta-los licitadores son os que figuran no prego de cláusulas administrativas, a suficiencia económica deberá xustificarse de acordo co previsto no artigo 16, Real decreto 2/2000 texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas. O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Lugo, 13 de outubro de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial de Lugo