Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 23 de outubro de 2000 Páx. 14.392

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CORRECCIÓN de erros.-Anuncio selección de persoal.

Advertidos erros no anuncio de selección de persoal publicado no Diario Oficial de Galicia nº 202, do mércores 18 de outubro de 2000, páxina 14.239, procédese a efectua-las oportunas correccións:

Onde di: «7 médicos coordinadores. Ref. MC.

Licenciado en medicina e cirurxía, formación vía MIR, preferentemente medicina de familia e comunitaria, UCI, anestesia e reanimación».

Debe dicir: «7 médicos coordinadores. Ref. MC.

Licenciado en medicina e cirurxía, valorándose formación vía MIR, preferentemente medicina de familia e comunitaria, UCI, anestesia e reanimación».

Onde di: «38 médicos asistenciais. Ref. MA.

Licenciado en medicina e cirurxía, formación vía MIR, preferentemente medicina de familia e comunitaria, UCI, anestesia e reanimación».

Debe dicir: «38 médicos asistenciais. Ref. MA.

Licenciado en medicina e cirurxía, valorándose formación vía MIR, preferentemente medicina de familia e comunitaria, UCI, anestesia e reanimación».