1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Parques e Xardíns; nº expediente: 2113/446.
2. Obxecto do contrato: descrición: subministración por lotes de bancos, papeleiras e fontes.
Unidades que se entregarán: véxanse condicións técnicas.
Lotes: si; sete lotes.
Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).
Prazo de entrega: 10 días.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
Forma: concurso.
4. Orzamento base: lote 1: 500.000 pesetas; lote 2: 500.000 pesetas; lote 3: 1.000.000 de pesetas; lote 4: 1.500.000 pesetas; lote 5: 1.500.000 pesetas; lote 6: 500.000 pesetas e lote 7: 1.500.000 pesetas.
5. Garantía: provisional: dispensada.
6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo; pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, teléfono: 986 81 01 48, fax: 986 81 02 40.
Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitación no DOG e BOP.
Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.
Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.
Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.
Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.
10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.
11. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario.
Vigo, 9 de outubro de 2000.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde