Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 23 de outubro de 2000 Páx. 14.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva de combustible de calefacción, gasóleo C, para os centros dependentes do Servicio Galego de Saúde (S-413/2000).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 981 54 57 65; fax 981 54 27 62, Santiago de Compostela.

2. Modalidade de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

3. a) Lugar de entrega dos bens obxecto da subministración:

Nos distintos centros dependentes do Servicio Galego de Saúde, distribuídos no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse:

-CPV: 23150000.

Subministración sucesiva de combustible de calefacción, gasóleo C.

Orzamento total: contía indeterminada.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requeridas: pola totalidade ou por lotes.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto:

Ver punto 2 do prego de prescricións técnicas.

5. a) Nome e enderezo do servicio o que poden solicitarse os documentos pertinentes: ver punto 1 do presente anuncio.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 2 de novembro de 2000.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 8 de novembro de 2000.

b) Dirección á que deben dirixirse: rexistro xeneral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no enderezo indicado no punto 1 deste anuncio.

c) Lingua o linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (ático ala norte), a partir das 9.30 horas do sétimo día natural, contado a partir do seguinte ó de finalización do plazo de presentación de ofertas.

8. Garantías esixidas: constituirase unha garantía provisional de 2.500.000 ptas. por cada lote o que se concorra (10.000.000 de ptas. se se concorre á totalidade).

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: cada un dos centros receptores aboará con cargo ó seu orzamento de gasto, contra presentación de factura, cada pedido servido e recepcionado de conformidade.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver puntos 11 e 12 da cláusula 5.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver cláusula 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Admisión de variantes: ver cláusula 2.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

15. Información complementaria: no enderezo e servicio indicadas no punto 1.

16. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 8 de abril de 2000.

17. Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 17 de outubro de 2000.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas:

19. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos