Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 20 de outubro de 2000 Páx. 14.320

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía, do 26 de agosto de 2000, adoptouse o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente por instancia da entidade Servicios Especiales, S.A., o estudio de detalle para o rexuste de aliñación e ordenación de volume do predio nº 8 do polígono catastral de urbana 30795 sita na avda. da Penela da vila de Santa Marta de Ortigueira, deste termo municipal, de conformidade co proxecto redactado polo arquitecto Manuel Varela Caabeiro.

Segundo.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista e que se realicen os demais trámites regulamentarios ata a súa aprobación definitiva.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ortigueira, 5 de outubro de 2000.

Ana Belén Franco Martínez

Alcaldesa en funcións