Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 20 de outubro de 2000 Páx. 14.319

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, por delegación do alcalde, na sesión do 7 de setembro de 2000, aprobou inicialmente o estudio de detalle de axuste de aliñacións nun tramo de rúa (unidade de actuación nº 3), redactado polo arquitecto superior José Antonio Canedo Zapata, suspendendo o outorgamento de licencias na área delimitada polo estudio de detalle para actividades de parcelación de terreos e de edificación e demolición.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que poida examinarse o expediente e formular alegacións polo prazo dun mes, de conformidade co diposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Lugar de exhibición do expediente: oficina técnica (2º piso casa do concello).

Horario: das 10 ás 15 horas.

A Laracha, 13 de setembro de 2000.

José Manuel López Varela

Alcalde