Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 20 de outubro de 2000 Páx. 14.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 2000 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra de clave E/SC/00.123.

a) Obra.

1. Novas oficinas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no edificio Os Espellos, Santiago de Compostela.

Clave: E/SC/00.123.

Orzamento: cento trinta e catro millóns trescentas dezaoito mil novecentas corenta (134.318.940 pesetas), equivalentes a (807.273,09 euros).

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: grupo C, subgrupo 6, categoría e. Grupo J, subgrupo 2, categoría e. Grupo I, subgrupo 9, categoría e.

Garantía provisional: non se esixe.

(Declarada urxente consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono de información 981 54 49 86.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a garantía provisional indicada na letra a) anterior, agás nos casos establecidos no artigo 35 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

g) Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de claúsulas administrativas particulares.

h) Variantes: non se admiten.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda