Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 20 de outubro de 2000 Páx. 14.308

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE VIGO

EDICTO (517/1999).

José Luis Gutiérrez Martín, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número oito de Vigo, certifica que nos autos de expediente de dominio nº 517/1999 se dictou a seguinte proposta de auto:

«Feitos.

Primeiro.-Con data do 25-6-1999 recibiuse da oficina da quenda de reparto este expediente de xurisdicción voluntaria, expediente de dominio que foi rexistrado baixo o nº 517/1999, promovido por instancia de Belarmino Fernández Barreiro, representado polo procurador dos tribunais Moisés Cabierta Cadavid.

Parte dispositiva.

Declarar xustificado o dominio de Juana Barreiro Nieto sobre o predio descrito no predio 2º, parágrafo 2º desta resolución que aquí se dá por reproducida: terreo a labradío, sequeiro, denominado Cortes Grandes, que mide a superficie de catrocentos sesenta e dous metros cadrados. Limita: norte, máis de Manuel Rodríguez, hoxe de Nemesio Covelo Castro; sur, máis do mesmo, Juana Barreiro Nieto; leste, máis de Jesús Cameselle Fernández e oeste, camiño veciñal; sito no barrio de Saa, parroquia de Beade, concello de Vigo. Este edicto, unha vez firme, é título bastante para a inscrición rexistral a favor da citada, entregando ó promovente testemuño literal por duplicado con expresión de firmeza, unha vez sexa gañada.

Contra este auto cabe recurso de apelación no prazo de cinco días para ante a audiencia provincial. Asinan conforme a maxistrada xuíza e o secretario; seguen sinaturas».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia para xeral coñecemento da comunidade hereditaria de Juana Barreiro Nieto, así como para aquelas per

soas que se crean con interese lexítimo na causa, expídese este edicto para a súa notificación en Vigo, o cinco de xaneiro de dous mil.

José Luis Gutiérrez Martín

Secretario xudicial