Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Venres, 20 de outubro de 2000 Páx. 14.288

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000666/2000 interposto por Ceben Formación Profesional, S.L. (Ceben FP, S.L.).

Recibida na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a providencia da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo 01/0000666/2000, interposto por Ceben Formación Profesional, S.L. (Ceben FP, S.L.), contra resolución do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria do 12-5-2000, sobre reclamación de cantidade.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, e

emprázanse para que poidan comparecer como demandados no recurso no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2000.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria