Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 19 de outubro de 2000 Páx. 14.270

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO sobre o polígono 2 do Plan parcial do SUNP-28 da Barcia.

A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión do 6 de setembro de 1999, aprobou definitivamente o proxecto de delimitación do polígono 2 do Plan parcial do solo urbanizable non programado número 28 (SUNP-28) da Barcia, así como os estatutos e as bases de actuación da xunta de compensación, do citado polígono.

Do mesmo xeito, a Comisión de Goberno do Concello, na sesión do 7 de febreiro de 2000, aprobou a constitución da xunta de compensación do mencionado polígono 2, que se constituíra en escritura pública outorgada o 17 de xaneiro de 2000 perante o notario Gutiérrez Aller, co número 112 do seu protocolo.

Por descoñecemento do seu domicilio actual e por ser imposible a notificación destes acordos mediante comunicación persoal con xustificante de recepción, consonte o que dispón o artigo 59.4º da Lei 30/1992,

do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP-PAC), notifícase a adopción dos acordos anteriormente referidos a José Noya Cebro, en calidade de titular dominical segundo os arquivos do catastro da parcela número 338 do polígono 202, sita no lugar coñecido como monte da Barcia, dunha extensión, segundo o catastro, de 3 áreas e 6 centiáreas, e incluída no mencionado polígono como predio número 11 a nome doutros titulares, para os efectos de requirilo para que solicite a súa incorporación á xunta de compensación no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste edicto, achegando os títulos en que funda o dominio sobre a mencionada parcela.

Do mesmo xeito, descoñecendo o nome dalgún dos cotitulares de determinadas parcelas incluídas no ámbito desta unidade de actuación que seguidamente se indican, e por ser imposible, polo tanto, a notificación dos acordos arriba referidos mediante comunicación persoal con xustificante de recepción, procédese á súa notificación a través de edictos nos termos do artigo 59.4º da LRXAP-PAC e requírense para que soliciten a súa incorporación á xunta de compensación no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste edicto, advertíndolles que, de non incorporarse, os seus predios serán expropiados a favor da xunta de compensación, que terá a consideración xurídica de beneficiaria.

-Relación de parcelas incluídas no polígono e das que non se coñece a identidade dalgún dos cotitulares:

Parcela número 2. Linda: norte e oeste, predio número 18 de Gesprocar, S.L.; sur, predio número 3 de Gesprocar, S.L.; e leste, liña de delimitación exterior do polígono 2. Rexistro da Propiedade: non consta inscrita. Titulares: Daniel López Rey e outros. Superficie: 3.260,25 m segundo o proxecto de delimitación, 20 áreas e 64 centiáreas segundo o catastro. Referencia catastral: parcela 327 do polígono 202 no lugar monte da Barcia.

Parcela número 7. Linda: norte, predio número 6 de Gesprocar, S.L.; sur, predio número 8 de Gesprocar, S.L.; leste, liña de delimitación exterior do polígono 2; e oeste, polígono un. Rexistro da Propiedade: non consta inscrita. Titulares: Daniel López Rey e outros. Superficie: 1.750,07 m segundo o proxecto de delimitación, 24 áreas e 39 centiáreas segundo o catastro. Referencia catastral: parcela 334 do polígono 202 no lugar monte da Barcia.

Parcela número 10. Linda: norte, predio número 9 de Gesprocar, S.L.; sur, predio número 11 de Jesús Otero Pedrido e outros; leste, liña de delimitación exterior do polígono 2; e oeste, predio número 18 de Gesprocar, S.L. Rexistro da Propiedade: non consta inscrita. Titulares: Daniel López Rey e outros. Superficie: 756,58 m segundo proxecto de delimitación, 14 áreas e 72 centiáreas segundo o catastro. Referencia catastral: parcela 337 do polígono 202 no lugar monte da Barcia.

Parcela número 11. Herdade chamada monte da Barcia ou Barreiras destinada a toxeira e piñeiral. Linda: norte, Jacinto Vázquez, hoxe predio número 10 anteriormente descrito; sur, Pedro Pereira, hoxe predio número 12 de Gesprocar, S.L.; leste, Francisco Gómez e liña de delimitación exterior do polígono 2; e oeste, Diego Capeáns, hoxe predio número 18 de Gesprocar, S.L. Rexistro da Propiedade: non consta inscrita. Titulares: comunidade hereditaria de María Pedrido Suárez, segundo o catastro José Noya Cebro. Superficie: 317,53 m segundo o proxecto de delimitación, 3 áreas e 6 centiáreas segundo o catastro. Referencia catastral: parcela 338 do polígono 202 no lugar da Barcia.

Parcela número 13. Linda: norte, predio número 12 de Gesprocar, S.L.; sur, predio número 14 de Gesprocar, S.L.; leste, liña de delimitación exterior do polígono 2; e oeste, predio número 18 de Gesprocar, S.L. Rexistro da Propiedade: non consta inscrita. Titulares: Daniel López Rey e outros. Superficie: 126,60 m segundo o proxecto de delimitación. Referencia catastral: non consta individualizada no catastro, parece que estaría incluída dentro da parcela 340 do polígono 202 no lugar monte da Barcia, que figura cunha extensión de 11 áreas e 71 centiáreas a nome de Daniel López Rey.

Parcela número 17. Linda: norte, predio número 16 de Gesprocar, S.L.; sur, estrada Santiago-Noia; leste, liña de delimitación exterior do polígono 2; e oeste, predio número 18 de Gesprocar, S.L. Rexistro da Propiedade: non consta inscrita. Titulares: Daniel López Rey e outros. Superficie: 797,57 m, segundo o proxecto de delimitación. Referencia catastral: parece que é parte da parcela 340 do polígono 202 do catastro, que figura cunha extensión de 11 áreas e 71 centiáreas a nome e Daniel López Rey.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2000.

O alcalde

Rubricado