Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 19 de outubro de 2000 Páx. 14.266

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2000, da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados, pola que se anuncia a contratación da organización e montaxe dun stand no certame European Seafood Exposition 2001.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servicios.

Descrición do obxecto: organización e montaxe do stand institucional da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura no Certame European Seafood Exposition 2001 (Bruxelas, Bélxica, do 24 ó 26 de abril de 2001).

División por lotes e número: non existen lotes.

Prazo de execución: estenderase desde o día seguinte ó do asinamento do contrato ata os dous (2) días seguintes ó do remate do certame.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: setenta e dous millóns de pesetas (72.000.000 de ptas.)(432.728,72 euros), de acordo coa seguinte distribución por anualidades:

Exercicio corrente: 58.000.000 de ptas.

Exercicio futuro (2001): 14.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisional: 1.440.000 ptas., (8.654,57 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados (Rúa do Sar, 75, 15702 Santiago de Compostela; teléfono 981 54 63 04); ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo III, subgrupos 3 ou 8, categoría D.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: ás catorce (14) horas do día 27 de novembro de 2000.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela), ou por correo nas formas previstas no artigo 100 do RXCE.

Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas e exposición de proposicións.

Na sede da Dirección Xeral de Estructuras Pesqueiras e Mercados da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ás 10 horas do día 1 de decembro de 2000.

10. Gastos do anuncio.

Correrán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2000.

Andrés Hermida Trastoy

Director xeral de Estructuras Pesqueiras

e Mercados