Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Xoves, 19 de outubro de 2000 Páx. 14.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato de consultoría e asistencia polo sistema de concurso e procedemento aberto.

Realizados os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, esta delegación, en cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, procedeu á adxudicación do contrato de consultoría e asistencia que a seguir se identifica:

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

Obxecto do contrato:

-Descrición: bases provisionais e definitivas de concentración parcelaria na zona de Ánxeles-Calvente-Pasarelos-Marzoa (Oroso). CO00/213.023.

Anuncio de licitación: DOG nº 129, do 4 de xullo de 2000.

Prazo de execución: 18 meses a partir da sinatura do contrato.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento base de licitación: 29.413.046 ptas. (176.775,97 euros).

Adxudicación:

Data: 17 de agosto de 2000.

Contratista: Esproagro Ingeniería, S.L.

Nacionalidade do contratista: española.

Importe da adxudicación: 20.580.000 pesetas (123.688,29 euros).

A Coruña, 21 de setembro de 2000.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña