Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 18 de outubro de 2000 Páx. 14.238

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: alleamento, mediante poxa por procedemento aberto, da parcela denominada R.1. do proxecto de compensación do polígono B do SUNP-6 de San Lázaro.

Tipo de licitación: o prezo mínimo da parcela obxecto de alleamento que se entende como tipo de licitación é de 149.997.145 pesetas (901.501 euros).

Neste prezo está incluído o IVE correspondente (o 16% do prezo de adxudicación), pero non están incluídos os gastos de urbanización, sendo, en todo caso, ambos por conta do adxudicatario nas condicións establecidas no correspondente prego de condicións.

Forma de adxudicación: poxa pública con procedemento aberto.

Proposicións: lugar e prazo de presentación: os licitadores poderán presentar proposicións no rexisto xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación. (2.999.943 pesetas).

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, do quinto día hábil seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2000.

O alcalde

Rubricado