Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Mércores, 18 de outubro de 2000 Páx. 14.237

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de licitación.

Anuncio de licitación para adxudicar por concurso público, vía de procedemento aberto e urxente, a execución das obras de acondicionamento da rúa peonil Aduana en San Cibrao.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Cervo, Praza do Concello, 27891 Cervo (Lugo). Teléfono: 982 55 77 77. Fax: 982 55 77 29. Lugar onde se pode obter maior información.

a) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría do Concello, onde poderán obter copia do prego de condicións e demais información que compón o expediente.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto deste contrato é a execución das obras incluídas no proxecto técnico denominado acondicionamento da rúa Aduana en San Cibrao.

b) Lugar de execución: localidade de San Cibrao.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente segundo o acordo corporativo.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O orzamento do contrato que servirá de base á licitación ascende á contía total de 55.580.213 ptas. (334.043,8 euros) IVE e demais impostos, anuncios e gastos incluídos. Tramítase na modalidade de gasto plurianual.

5. Presentación de ofertas.

a) As ofertas presentaranse no Concello de Cervo, dentro dos 13 días naturais seguintes ó da publicación do modelo normalizado de anuncio de licitación no BOP.

O modelo normalizado de citación publícase no BOP (Lugo).

Cervo, 6 de outubro de 2000.

José Insua Pernas

Alcalde