1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Sección de Contratación. b) Nº de expediente: As2000/22.
2. Obxecto do contrato: deseño a nivel de anteproxecto do conxunto do Parque Atlántico e redacción do proxecto de execución das obras de adecuación e urbanización dos terreos. Prazo de execución: seis meses.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 25.000.000 de ptas. (150.253,02 euros) IVE incluído.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: pza. de María Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 71. e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristinart*aytolacoruna.es g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Clasificación: non esixible.
8. Presentación de proposicións: a) Prazo: un mes contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente
prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.
A Coruña, 6 de outubro de 2000.
P.D.
Carlos González-Garcés
Tenente alcalde delegado de Contratación