Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 17 de outubro de 2000 Páx. 14.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de almacenaxe en local externo, así como a distribución dos productos a cada centro do complexo. (Expediente CP033/2000).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 23 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 103, do 29 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias no xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra, convoca o concurso público CP033/2000, polo procedemento aberto e trámite de urxencia seguinte:

1. Obxecto e orzamento: a contratación do servicio de almacenaxe nun local externo, así como a distribución dos productos a cada centro do complexo, por un orzamento máximo de setenta millóns (70.000.000) de pesetas, 420.708,47 euros, imposto sobre o valor engadido incluído.

2. Prazo de execución: dous anos a partir da data de formalización do contrato.

3. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas e demais documentación complementaria, poderán ser solicitadas na Unidade de Contratación Administrativa do Hospital Provincial, rúa Loureiro Crespo, nº 2. 36001 Pontevedra, nos días laborables, agás sábados, desde as 9 ata as 14 horas, ou por teléfono 986 80 70 00 (extensión 382) ou fax 986 80 00 01, durante o prazo de admisión das proposicións.

4. Fianzas: provisional, o dous por cento do orzamento da licitación, que se constituirá conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Solvencia económica e financeira: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Solvencia técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Criterios de adxudicación: os especificados no prego de cláusulas administrativas (p. 11.1).

8. Clasificación: grupo III, subgrupo 8, categoría C.

9. Presentación das proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoas que o representen, no rexistro xeral do Hospital Provincial de Pontevedra, antes das catorce horas do décimo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

10. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas, sita en consultas externas do Hospital Montecelo de Pontevedra, ás dez horas do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

13. Anuncios: o importe dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 26 de setembro de 2000.

Pedro Soler Bordoy

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Pontevedra