De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación polo sistema de concurso aberto, polo tramite de urxencia, a contratación da adquisición dunha báscula ponte para o porto pesqueiro de Vilanova (Pontevedra).
Obxecto: contratación da adquisición dunha báscula ponte para o porto pesqueiro de Vilanova (Pontevedra).
Orzamento e tipo: catro millóns setecentas mil pesetas (4.700.000 ptas.) IVE e outros impostos incluídos.
Prazo de entrega: corenta e cinco días desde o día seguinte ó da sinatura do contrato.
Documentación de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán neste concurso estarán á disposición dos licitadores na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, San Caetano, bloque 5, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, , así mesmo, poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://WWW.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=60.
Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderanse presentar no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de utilizar cualquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase o mesmo día un telegrama ou fax a secretaría xeral no que se comunique a presentación da oferta.
Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás dez horas (10 horas) do terceiro día hábil contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas sempre e cando este
día non coincida en sábado ou festivo. Neste caso tal día pasará a se-lo primeiro hábil seguinte.
O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2000.
Juan José Álvarez Pérez
Secretario xeral da Consellería de Pesca,
Marisqueo e Acuicultura